O pasado sábado 3 de decembro celebrouse a VIII Ollimpiada de Mini-Tenis nas Instalacións do Complexo do Pombal en Cambados, coa organización do Club de Tenis Cambados e co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Concello de Cambados.
Dita competición contou coa participación de 115 xogador@s de Clubes de diferentes localidades da nosa comunidade así coma algún participante do norte de Portugal.
A actividade realizouse dividindo o Pavillón do Pombal en 8 pistas de mini-tenis adaptando as dimensión dos campos en función da idade e nivel dos xogador@s con bolas de baixa presión.
O remate da xornada entregaronselle medallas a todos os participantes e realizouse un sorteo de agasallos e material deportivo.
Relación dos primeiros calisificados:
- Club de tenis Cambados
- Club de tenis Marín
- Club de tenis Moaña
Agradecer a a colaboración de todos os xogador@s,familiares e voluntarios que nos acompañaron durante a xornada así como ó Concelleiro Xurxo Charlin pola asistencia e entrega dos premios.





