O sábado 16 de decembro celebrouse a IX Olimpiada de Mini-Tenis nas Instalacións do Complexo do Pombal en Cambados, coa organización do Club de Tenis Cambados e colaboración do Concello de Cambados. Dita competición contou coa participación de 110 xogador@s de Clubes de diferentes localidades da nosa comunidade así coma algún participante do norte de Portugal.
A actividade realizouse no Pavillón do Pombal co montaxe de 8 pistas de mini-tenis adaptadas ó nivel e idades dos participantes. Os de máis nivel xogarón nas Pistas de Tenis exteriores disfrutanto do bo tempo que nos acompañou esta xornada.
O remate da xornada entregaronselle medallas a todos os participantes e realizouse un sorteo de agasallos e material deportivo.
Clasificación final por clubes:
1) Club de tenis Cambados.
2) Club de tenis Marín.
3) Club de tenis Moaña.
Agradecer a a colaboración de todos os xogador@s,familiares e voluntarios que nos acompañaron durante a xornada así como á Concelleira de Deportes Noelia Gomez pola asistencia e entrega dos premios.








