Grazas por facer do XXVI Torneo do Albariño un éxito!
Este mes xogouse o noso torneo máis lonxevo e foi unha edición excelente.
Grazas a todos os xogadores e ao público que acudiu a animar; a vosa presenza é o que fai que o noso club sexa un lugar especial. Un agradecemento sincero tamén aos membros do club que axudaron na organización e ao Concello de Cambados polo seu apoio fundamental como patrocinador.
Vémonos na próxima edición! Felicidades aos gañadores!
| Categoría | Campeón/a | Subcampeón/a |
| Sub-14 Masculino | Alberto Varela | Lucas Fernandez |
| Sub-18 Masculino | Mauro Dolado | João Sabarís |
| Sub-18 Feminino | Sara Conde | Laura Conde |
| Absoluto Masculino | Ramon Rey | Cibran Carballas |
| Absoluto Feminino | Aida Martínez | Marta Padín |
| Vetaranos +35 | Ramón Rey | Humberto |
| Veteranas +35 | Aida Martínez | Alicia Rodriguez |













