IV Torneo 24 Horas
O torneo 24 horas de tenis vense consolidando no calendario do C.T. Cambados como unha competición diferente xa que o tempo de recuperación entre partidos é de unha hora e a preparación física pasa a ser vital no desenvolvemento da competición. Este evento conta de dúas fases:
Fase de grupos: os participantes son divididos en 4 grupos de 5 xogadores que compiten uns contra os outros clasificándose os tres primeiros de cada grupo para a seguinte fase.
Fase de cadro: Os clasificados cruzanse por orde de clasificación eliminándose os que perderon e avanzando os que gañaron.
Este ano contamos con unha gran participación de xogadores de diferentes clubes da provincia. Este torneo é organizado polo Club de tenis Cambados e contou có patrocinio do Concello de Cambados..
| Finalistas (Na foto) | |
|---|---|
| Campión: | Adolfo Chantada (C. T Cambados) |
| Subcampión: | Isaac Chaves (C. T Cambados) |
| Semifinalistas |
|---|
| Eduardo Charlin (C. T Cambados) |
| Angel Garcia (C. T Marin) |





