V Torneo 24 Horas
O torneo de tenis de 24 horas celebrouse na mañá do sábado 6 o domingo 7 de outubro. É a quinta edición e estase consolidando no calendario C.T. Cambados como unha competición diferente, xa que o tempo de recuperación entre os partidos é de unha hora para que o preparo físico convértese en vital para avanzar na competición. O torneo consiste en dúas fases:
Fase de grupos: os participantes son divididos en 4 grupos de 5 xogadores que compiten uns contra os outros clasificándose os tres primeiros de cada grupo para a seguinte fase.
Fase de cadro: Os clasificados cruzanse por orde de clasificación eliminándose os que perderon e avanzando os que gañaron.
Este ano contamos con unha gran participación de xogadores de diferentes clubes da provincia. Este torneo é organizado polo Club de tenis Cambados e contou có patrocinio do Concello de Cambados.
| Finalistas (categoría absoluta) | |
|---|---|
| Campión: | Carlos Canay. (Vilagarcia) |
| Subcampión: | Javier Oliveira (C. T Cambados) |
| Finalistas (categoría sub-14) | |
|---|---|
| Campión: | Diego Cores (C. T Cambados) |
| Subcampión: | Pablo Reboeiras(C. T Cambados) |





