2016_olimpiada_beluso

3ª posición por equipos do C.T. Cambados na Olimpíada celebrada no pavillón de Beluso (Bueu)

Organizada polo C.T Bueu e A.N.P.A Montemogos ó pasado xoves Santo celebrouse unha Olimpíada Tenística coa participación das escolas e clubes dos diferentes concellos da provincia e unha escola de Portugal.
Dita Olimpíada consiste na división da instalación deportiva en estacións e campos de mini-tenis para facilitar ó xogo dos máis pequenos.
A competición contou cunha gran afluencia de xogadores (90) de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos. Os participantes tiveron unha medalla conmemorativa, merenda e sorteo de agasallos para finalizar a xornada.
Subliñar o resultado acadado polos xogadoras/es do C.T Cambados quedando na 3ª posición por equipos.